InicioSociedadeO TC dita que non se dan as circunstancias para manifestacións de...

O TC dita que non se dan as circunstancias para manifestacións de 1 de maio

Non admite o recurso da CUT, á que se denegou o permiso para celebrar unha manifestacion en Vigo.

PUBLICADO O

A Sala Primeira do Tribunal Constitucional inadmitiu o recurso de amparo que presentou a Central Unitaria de Traballadores (CUT) contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza a de Galicia (TSJG) que desestimou a súa solicitude de manifestación en Vigo para mañá 1 de maio. Tratábase dunha marcha a celebrar en coche pola cidade, cunha única persoa por vehículo.

No seu auto, o TC considera que non se dan as circunstancias que permitan o exercicio do dereito de reunión pola situación de pandemia. A relación entre o dereito á vida e o de reunión esixe unha ponderación pola que, ante a falta das garantías de seguridade nunha situación de máximo contaxio, ha de primar o primeiro dereito.

O TSX galego desestimara un recurso anterior da CUT contra a resolución pola que a Subdelegación do Goberno de Pontevedra que denegou dar permiso celebración dunha manifestación en coches o 1 de maio en Vigo.

A limitación do dereito de reunión, a xuízo do Constitucional, ten unha finalidade “que non só deve reputarse como lexítima, senón que ademais ten cobertura constitucional bastante” nos artigos 15 (garantía da integridade física das persoas) e 43 da Constitución (protección da saúde), “ambos tan intensamente conectados que é difícil imaxinalos por separado, máxime nas actuais circunstancias”. E iso porque o dereito de manifestación non é, “como non o é ningún, un dereito ilimitado”

XUSTIFICA LIMITACIÓNS DE DEREITOS EN ESTADO DE ALARMA

En canto ao estado de alarma en si, este órgano lembra que xa se pronunciou en 2016 sobre o alcance que a súa declaración podería ter sobre os dereitos fundamentais, pondo de relevo a súa menor intensidade respecto dos estados de excepción e sitio.

Así, lembra que o de alarma non permite a suspensión de dereitos “aínda que si a adopción de medidas que poden supor limitacións ou restricións ao seu exercicio“, como é o caso da limitación de circulación ou a permanencia de persoas ou vehículos en lugares determinados.

Para facer o seu xuízo de ponderación neste caso concreto, o Constitucional alude ao impacto da infección da Covid-19 na cidade de Vigo, con datos a data de 29 de abril publicados pola Xunta que indican que na cidade se rexistraban 808 casos activos, colocándose como segunda poboación de Galicia en número de afectados tras A Coruña.

Os maxistrados consideran o dato de “suma importancia” á hora de valorar o risco que sobre a saúde das persoas pode ter a autorización dunha manifestación na que non se previron adecuadamente medidas de prevención de contaxios, nin limitación de asistentes, nin de garantía de libre tránsito de vehículos sanitarios nin de saída ou retorno graduado.

“Non é imposible imaxinar unha concentración de persoas no momento previo á convocatoria e no momento sucesivo, de retorno aos lugares de orixe, que contribuíse a activar a escalada exponencial de contaxios que sabemos posible e que non cabe evitar máis que coa limitación do exercicio do dereito nas condicións solicitadas polos convocantes”, engade o auto.

Ademais, e pese ao “esforzo argumental” dos recorrentes, o TC lémbralles que non se prevén polos organizadores medidas de control da transmisión do virus específicas, nin destinadas a compensar a previsible concentración de automóbiles que podería producirse se existise unha masiva resposta a convocotaria.

O Constitucional engade non se trata neste caso de garantir a orde pública ou asegurar a súa non alteración, un aspecto no que ademais non se basea a declaración do estado de alarma, que se centra na garantía do dereito á integridade física e a saúde das persoas.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...