InicioSociedadeA UVigo deixa a porta aberta á realización de exames presenciais a...

A UVigo deixa a porta aberta á realización de exames presenciais a partir de xuño

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo acordou nas últimas horas non pechar a porta á posibilidade de que se celebren exames 'de segunda oportunidade' ou finais da convocatoria de xullo de forma presencial a partir do mes de xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo acordou nas últimas horas non pechar a porta á posibilidade de que se celebren exames ‘de segunda oportunidade’ ou finais da convocatoria de xullo de forma presencial a partir do mes de xuño.

Así, acordouse que os centros poidan solicitar esta modalidade de exames para eses casos, xa que as probas de avaliación do segundo cuadrimestre non serán presenciais, e sempre que se cumpran os requisitos legais e sanitarios, unha petición que deberá ser aprobada (ou rexeitada) polo Consello de Goberno.

O órgano de goberno da institución académica viguesa tamén aprobou modificar o calendario académico deste curso, ampliándoo en dúas semanas, e deu luz verde ao calendario do curso 2020-2021, que comprenderá do 1 de setembro ao 31 de agosto (con actividade académica entre o 7 de setembro e o 26 de xaneiro, e entre o 27 de xaneiro e o 8 de xuño).

Por outra banda, o Consello tamén aprobou a aplicación dunha interpretación propia da coñecida como ‘cláusula Kent‘ (que permitiría introducir compensacións en caso de detectarse unha diminución significativa nos resultados académicos dos alumnos no período do estado de alarma, en comparación con cursos anteriores).

Finalmente, a UVigo optou por aplicar esa medida “só para materias nas que haxa unha caída importante da nota, centrabilizada e automatizable”, en contra do que fará no resto de universidades galegas, onde esa cláusula, a xuízo do reitor, Manuel Reigosa, “presenta dificultades no relato e na aplicación”.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...