InicioSociedadeVigo inicia o estudo de inmunidade con máis de 1.000 test

Vigo inicia o estudo de inmunidade con máis de 1.000 test

Os participantes son elixidos aleatoriamente, e faranse máis de 100.000 test en Galicia.

PUBLICADO O

Un total de 1.100 persoas foron citadas este venres en centros de saúde da área de Vigo para someterse ao test de inmunidade do coronavirus, no marco do estudo estatístico que está a levar a cabo a Consellería de Sanidade.

Segundo trasladaron fontes do Sergas, esta primeira fase de estudo estenderase ata o 5 de maio e, catro semanas despois, ao longo doutra semana, levará a cabo a segunda fase.

En total, nos 18 centros Covid de Atención Primaria da área de Vigo realizaranse probas a 9.475 persoas elixidas aleatoriamente entre os titulares de cartón sanitario polo Instituto Galego de Estatística (IGE), co fin de coñecer a prevalencia da inmunidade fronte ao COVID-19 na poboación galega.

Cada centro de saúde ten asignada unha poboación concreta, coa que se contacta telefonicamente para facer unha breve enquisa. Así, esas persoas son citadas para que acudan ao seu centro de Atención Primaria e, no caso de que non poidan desprazarse, un equipo acudirá ao seu domicilio.

TOMA DE MOSTRAS

A proba consiste na toma dunha mostra mediante unha punción dixital. Ao introducir a mostra nun medio reactivo, revelarase se esa persoa tivo contacto ou non co virus.

O resultado das probas será comunicado polo médico de familia que, en caso necesario, dará as indicacións clínicas pertinentes. Todos os datos quedarán reflectidos na historia clínica do paciente.

A xerencia do CHUVI lembrou que esta investigación “repercutirá dun modo beneficioso en toda a comunidade, xa que os resultados achegarán un maior coñecemento da epidemia“. O estudo permitirá coñecer a incidencia do coronavirus de acordo con variables de sexo, idade, ou área territorial; adoptar as medidas sanitarias máis adecuadas para a ‘desescalada’ do confinamento; programar “o regreso á normalidade” e “anticiparse ante a posibilidade de novos contaxios potenciais”.

En Galicia faranse 50.925 test na primeira fase de estudo, e o mesmo número na segunda fase. A mostra de participantes fíxose con tres subgrupos por diferenzas de idade: menores de 19 anos, entre 19 e 64 e maiores de 64 anos, co fin de contar cos resultados da circulación na poboación infanto-xuvenil, na adulta e na terceira idade.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...