InicioSociedadeCaballero pedirá ao Goberno o envío directo de máscaras xa que as...

Caballero pedirá ao Goberno o envío directo de máscaras xa que as Xunta non as manda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este venres que contactou co Goberno de España para que faga unha "repartición directo" de máscaras ao Concello olívico, dado que a Xunta, a administración que debe distribuílas, esá "escatimando" na repartición dese material.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este venres que contactou co Goberno de España para que faga unha “repartición directo” de máscaras ao Concello olívico, dado que a Xunta, a administración que debe distribuílas, esá “escatimando” na repartición dese material.

Así o trasladou nunha rolda de prensa telemática, na que lembrou que o Concello encargou 100.000 máscaras (das que xa se repartiron 7.500) e tentará comprar outras 200.000. “O problema non é o diñeiro, é que non as hai”, engadiu.

A ese respecto, volveu a insistir en que a Xunta recibiu “millóns” de máscaras por parte do Goberno central. “Onde están as de Vigo? Xa estou en contacto co Goberno de España para exporlle que nos faga unha repartición directa (…), porque as da Xunta non nos chegan no número que nos corresponde. Por iso estounas tentado comprar”, proclamou.

Abel Caballero volveu a preguntar polos criterios de repartición dese material (uns criterios que, segundo sinalou reiteradamente a Xunta, acordáronse na Federación Galega de Municipios e Provincias) porque segundo o rexedor a Vigo chegaron, desde a Xunta, “escasamente 15.000 máscaras, que “non é nada”, sen contar outras 14.000 que están caducadas desde 2014 e que o consistorio se nega a repartir (aínda que a administración autonómica recalcou que cumpren os criterios e están certificadas polo Ministerio de Sanidade).

“Eu esperaría que a Xunta nos provisionara polo menos 300.000 máscaras, ou máis, pero non as vexo. A cifra do último lote, 7.500, é sinxelamente ridícula”, insistiu.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...