InicioCulturaA web do Marco ofrecerá entrevistas históricas ao pintor Manuel Colmeiro

A web do Marco ofrecerá entrevistas históricas ao pintor Manuel Colmeiro

As entrevistas, procedentes dos arquivos históricos da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e a Corporación de Radio e Televisión Española (CRTVE) publicaranse de modo periódico na páxina web do museo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A páxina web do Museo de Arte Contemporánea (Marco) de Vigo ofrecerá senllas entrevistas históricas realizadas ao artista Manuel Colmeiro, das que a primeira estará dispoñible desde este mércores.

Segundo precisou o museo nun comunicado, esta iniciativa desenvólvese como unha actividade complementaria da exposición ‘Manuel Colmeiro. Espazos e encadres’, comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez, que busca ofrecer unha nova perspectiva sobre o pintor.

Deste xeito, as entrevistas, procedentes dos arquivos históricos da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e a Corporación de Radio e Televisión Española (CRTVE) publicaranse de modo periódico na páxina web. En principio, estaba previsto proxectar estas pezas nas salas do museo, pero as medidas impostas ante a crise sanitaria propiciaron que se articule esta alternativa.

En concreto, a primeira das entrevistas, dispoñible na páxina web, foi realizada en 1981. Así, ‘Nomes de onte e de hoxe’ foi levada a cabo en París e San Fin de Margaride, en Silleda, e escrita e dirixida por Mario Antolín.

REFLEXIÓNS

Esta iniciativa busca mostrar a perspectiva e as reflexións do autor en tres momentos da súa traxectoria vital e artística. Así, os documentos de Colmeiro inciden na súa obra, cuxas motivacións sociais e estéticas explican, e en como aborda a “tradición política do realismo histórico”. Deste xeito, o seu testemuño permite comprender traballos con matices sociais, entre outros.

Así mesmo, as reflexións do pintor mostran a súa procura do clasicismo ligado á cotidianeidade mediante a evidencia de escenas típicas da vida local ou feitos sinxelos que inclúen unha gran carga analítica.

ÚLTIMAS

Responsables do Golf Ría de Vigo negan fraude de case 1,5 millóns a Facenda

A muller do responsable do club de golf Ría de Vigo, acusado de varios...

“Queremos outra sanidade”, SOS Sanidade Pública manifestarase este mércores en Vigo

SOS Sanidade Pública anunciou que volverá manifestarse en Vigo o vindeiro mércores, día 4...

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...