InicioSociedadeAs embarazadas da área sanitaria de Vigo dispoñen dun número de teléfono...

As embarazadas da área sanitaria de Vigo dispoñen dun número de teléfono para consultar dúbidas

O xefe de Xinecoloxía e Obstetricia desta área lémbralles a importancia de acudir a urxencias ante os primeiros síntomas. Asegura que existen circuítos específicos para as xestantes, de maneira que a seguridade quedaría garantizada.

PUBLICADO O

A área sanitaria de Vigo activou un número de teléfono para que as embarazadas desa zona poidan consultar as súas inquietudes e dúbidas con especialistas en xinecoloxía e obstetricia.

O número que se habilitou é o 648 934 070, que estará operativo de luns a venres en horario de mañá e tarde, de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

Esta medida pretende atender a un dos “colectivos máis vulnerables que presentan moitos medos e dúbidas e que, por tanto, requiren unha maior atención e sensibilidade”, explicou nun comunicado o xefe de obstetricia e xinecoloxía desta área, Carlos López Ramón y Cajal.

ACUDIR A URXENCIAS ANTE OS PRIMEIROS SÍNTOMAS

A iniciativa pretende “axudar” ás xestantes a que se sintan “ben coidadas e seguras, estean tranquilas e tenten gozar, na medida do posible, do seu proceso de embarazo”. Por tanto, o médico suxeriu tres recomendacións a todas as mulleres que se atopen neste proceso: achegarse a urxencias ante os primeiros síntomas, realizar exercicios sinxelos físicos de circulación e evitar o sedentarismo, así como utilizar estes servizos para aclarar “calquera dúbida ou inquietude”.

De feito, Carlos López fixo fincapé na idea de que as embarazadas deben achegarse a urxencias se o necesitan, xa que existen “circuítos específicos e diferenciados para a asistencia obstétrica que garanten a calidade e seguridade da atención”, e “non hai motivo que xustifique ningún temor”.

O especialista explicou que os últimos datos rexistrado reflicten a caída de pacientes atendidas en urxencias obstétricas, polo que incide en que “non deben esperar e é importante que acudan” a este servizo “ante os primeiros síntomas”.

PARTOS CON ACOMPAÑANTE

Ademais, o servizo desta área quere lanzar unha “mensaxe de tranquilidade” xa que, a pesar da situación sanitaria actual, nos partos as mulleres poderán estar acompañadas por un familiar, como ata agora.

O único que se limitou é a concorrencia de varios familiares e acompañantes para evitar “concentracións de persoas” nas salas de espera. Desde que empezou o estado de alarma, o Álvaro Cunqueiro atendeu dous partos nos que as nais deran positivo ao virus, pero os seus bebés naceron sans e evolucionan favorablemente.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...