InicioSociedadeSindicatos denuncian falta de protocolos de seguridade adecuados na Policía de Vigo...

Sindicatos denuncian falta de protocolos de seguridade adecuados na Policía de Vigo ante o coronavirus

O goberno local tacha as denuncias de "calumnias" e "falsidades".

PUBLICADO O

Os sindicatos SICO (Sindicato Independente do Concello de Vigo) e SPPME (Sindicato Profesional de Policías Municipais) denunciaron este xoves a falta de protocolos de seguridade e limpeza adecuados ante o coronavirus no servizo da Policía Local de Vigo, e lamentaron que o goberno municipal non adoptase medidas suficientes para salvagardar a saúde dos axentes.

O SICO (que ten 12 dos 36 representantes do comité de persoal do Concello) solicitou a “aplicación urxente” de medidas en materia de prevención e protección da saúde, xa que hai varios axentes que están “illados” tras ter contacto con persoas infectadas por coronavirus.

Este sindicato denunciou o caso de axentes que, tras manter contacto con persoas infectadas, ao chegar á Xefatura da Polícía Local e preguntar cal é o protocolo establecido para evitar contaxios, recibiron como resposta que “non hai ningún”. “De feito, ata durmiron no seu propio vehículo para con iso non contaxiar a súa familia, en espera de que a Xefatura ou o Concello lles faciliten medidas alternativas de prevención de contaxios ás súas familias”, expuxo o secretario xeral do SICO, Dámaso Pena.

Na mesma liña, o responsable da sección sindical do SPPME, Antonio Juste, cualificou como “falsas” as afirmacións do alcalde, Abel Caballero, sobre as medidas de prevención e protección na Policía Local.

Entre outras cuestións, sinalou que os vehículos policiais só se desinfectan unha vez ao día (a pesar de haber tres quendas) e de luns a venres; que non se reorganizaron as quendas de traballo para minimizar riscos; que os axentes se seguen cambiando nun vestiario “nun soto sen ventilación e hacinados”; e que non teñen un protocolo claro de actuación en caso de contacto con persoas infectadas por COVID-19.

RESPOSTA DO GOBERNO LOCAL

Pola súa banda, o gabinete da Alcaldía de Vigo emitiu un comunicado no que fai referencia á denuncia do SPPME, e do que di que “son todo calumnias“.

“É a terceira vez nos últimos días que este sindicato fai este tipo de manifestacións e non imos perder o tempo en contestarlle a alguén que soamente di falsidades e mentiras”, resolveron desde o goberno local vigués.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...