InicioSociedadeUnha muller de 87 anos con coronavirus abandona a unidade de coidados...

Unha muller de 87 anos con coronavirus abandona a unidade de coidados intensivos en Vigo

Trátase do terceiro paciente con esta patoloxía que abandona a área de coidados críticos de Povisa.

PUBLICADO O

Unha muller de 87 anos con coronavirus abandonou este xoves a Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Povisa de Vigo, onde foi trasladada a planta.

Segundo confirmaron fontes do centro hospitalario, trátase do terceiro paciente con esta patoloxía que abandona a área de coidados críticos de Povisa.

Así mesmo, este mércores outras dúas persoas con COVID-19 que permanecían no centro de tratamento intensivo de hospital foron trasladadas a planta. En concreto, tratouse dunha muller 79 anos e de home de 68 que se contaxiaron polo virus.

Os pacientes con coronavirus ingresados en unidades UCI en Galicia incrementáronse en oito entre este mércores e este xoves, cando pasaron de 157 a 165.

Ademais, un total de 3.395 dos 4.379 infectados con COVID-19 na Comunidade galega permanecen en seguimento domiciliario, mentres que se contabilizaron 138 vítimas mortais.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...