O Grupo de Enxeñaría Física da Universidade de Vigo (UVigo) publicou o pasado 23 de marzo unha páxina web na que se pode consultar a evolución dos casos de coronavirus a nivel autonómico e nacional pero sobre todo a predición a curto prazo da evolución da pandemia en Galicia e España.
O catedrático da universidade impulsor da iniciativa, Humberto Michinel, detallou que a predición do número de casos para os dous días seguintes realízase a diario e axústase a medida que evoluciona, ademais de asegurar que a fiabilidade destes datos sitúase en torno ao 95 por cento. “Obviamente, unha previsión a un período maior sería menos exacta“, explicou.
Así a todo, a evolución da pandemia preocupa polo colapso que podería provocar no sistema sanitario e a capacidade limitada do propia sistema sanitario sumado ás baixas que poida provocar no persoal logo de que leven máis de 28 días loitando nesta ‘guerra invisible’ sen tregua.


Simulación hipotética nunha zona con 400 camas UCI.