InicioVigo e contornaVigoAs gráficas que mostran as diferencias en Galicia se a xente respeta...

As gráficas que mostran as diferencias en Galicia se a xente respeta o confinamento

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo de Enxeñaría Física da Universidade de Vigo (UVigo) publicou o pasado 23 de marzo unha páxina web na que se pode consultar a evolución dos casos de coronavirus a nivel autonómico e nacional pero sobre todo a predición a curto prazo da evolución da pandemia en Galicia e España.

O catedrático da universidade impulsor da iniciativa, Humberto Michinel, detallou que a predición do número de casos para os dous días seguintes realízase a diario e axústase a medida que evoluciona, ademais de asegurar que a fiabilidade destes datos sitúase en torno ao 95 por cento. “Obviamente, unha previsión a un período maior sería menos exacta“, explicou.

Así a todo, a evolución da pandemia preocupa polo colapso que podería provocar no sistema sanitario e a capacidade limitada do propia sistema sanitario sumado ás baixas que poida provocar no persoal logo de que leven máis de 28 días loitando nesta ‘guerra invisible’ sen tregua.

Simulación a 24 de marzo, en Galicia.
Exemplo de vidas salvadas ao quedarse na casa.
Simulación hipotética nunha zona con 400 camas UCI.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...