InicioSociedadeO Álvaro Cunqueiro traslada Urxencias Pediátricas a outra área para separalas da...

O Álvaro Cunqueiro traslada Urxencias Pediátricas a outra área para separalas da atención a adultos

O hospital mantén tres unidades illadas para Covid-19 e realizáronse 1.860 PCR na área viguesa.

PUBLICADO O

O Sergas informou este martes do traslado do servizo de Urxencias Pediátricas do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a outra zona (onde antes se atopaba a Hospitalización a Domicilio, que pasa á área de docencia), co fin de separar aínda máis a estes pacientes dos adultos.

Segundo informou Sanidade, esta reorganización, levada a cabo no marco do Plan de Continxencias activado con motivo do coronavirus, permitirá tamén gañar espazo na área de Urxencias para atender adultos con afeccións non respiratorias.

No espazo habilitado para Urxencias Pediátricas estableceuse un posto de admisión, un de triaxe e unha sala de espera para nenos. Ademais, a porta de acceso exterior é agora diferente á que se empregaba.

Na área liberada por ese servizo, levará a cabo a atención de pacientes adultos con patoloxías non respiratorias, e contará cun posto de triaxe específico e unha sala de espera separada da que usan as persoas sospeitosas de ter coronavirus.

UNIDADES DE HOSPITALIZACIÓN

Con respecto á hospitalización, o Álvaro Cunqueiro dispón de dúas unidades destinadas ao ingreso e atención exclusiva de pacientes con coronavirus (na planta terceira, veas C e D), e habilitouse a segunda planta da vea C para atender pacientes ‘sospeitosos’ de ter o virus, pero aínda sen confirmar.

Finalmente, o Sergas lembrou que o hospital vigués conta con catro equipos específicos para atender os afectados por Covid-19: un equipo en Urxencias (un facultativo, un profesional de enfermaría e un TCAE), un equipo de hospitalización (coordinado por un internista ou un neumólogo), un equipo de Seguimento Compartido de Atención Especializada, e un equipo de Hospitalización a Domicilio (un médico e un profesional de enfermaría).

Finalmente, con respecto á realización de probas PCR, continúan operativos 7 equipos de extracción de mostras domiciliarias, ademais do dispositivo fixo situado no Hospital Meixoeiro. Ata este martes, realizáronse en Vigo 1.860 test para detectar coronavirus.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...