InicioSociedadeO Concello de Vigo apraza o cobro de todas as súas taxas

O Concello de Vigo apraza o cobro de todas as súas taxas

PUBLICADO O

O Concello de Vigo aprazará o cobro de todas as súas taxas, como o imposto de vehículos de tracción mecánica, incremento de terreos, plusvalías, a taxa sobre instalacións ou construcións, o IBI, IAE e outros.

Así o anunciou este luns o alcalde, Abel Caballero, quen xustificou a medida porque “é un momento no que a economía está débil” e o Concello non quere “causar máis quebrantos”. Ademais, lembrou, hai xente que só pode facer os pagos presencialmente e agora debe permanecer en casa.

Segundo explicou o rexedor, o imposto de ‘rodaxe’ (que afecta a uns 200.000 vehículos), cuxo prazo de pago voluntario comezaba o 1 de abril, poderá pagarse do 4 de maio ao 6 de xuño; e, con respecto ao imposto sobre incremento de terreos, plusvalías, amplíase o prazo de pago das liquidacións xa notificadas ata o 30 de abril.

AXUDAS

Por outra banda, o Concello de Vigo anunciou a posta en marcha dun servizo de entrega de alimentos a domicilio para persoas vulnerables. Segundo informou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, o servizo xestionarase a través do teléfono 010, de maneira que as persoas que o necesitan deben chamar a ese teléfono.

Con esta iniciativa, preténdese que nin as familias vulnerables nin as persoas maiores véxanse obrigadas a saír das súas casas para acudir a comedores sociais e poidan cumprir as medidas de confinamento.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...