InicioSucesosDetido en Vigo por agredir a súa muller e as súas fillas

Detido en Vigo por agredir a súa muller e as súas fillas

As fillas intentaron impedir que o pai golpease a nai, e nese momento foi cando o home tamén as agrediu a elas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 53 anos domiciliado en Vigo, J.A.P.C., foi detido nesta cidade tras agredir presuntamente a súa muller, así como as súas fillas, que o agarraron para detelo.

Segundo trasladaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar este sábado ao redor das 20,55 horas, cando o 112 Galicia alertou aos axentes de que unha muller asegurara que o seu esposo a agrediu. Tamén afirmou que, cando as súas fillas tentaron impedilo, este home golpeounas.

Tras trasladarse ao domicilio no que sucederan os feitos, situado na avenida Portanet, os axentes atoparon un home no chan ao que suxeitaban as súas dúas fillas, de 30 e 16 anos, das que se tentaba librar con patadas e golpes.

Así, os policías observaron que a roupa dunha destas mozas rompera, así como que esta presentaba lesións nun ollo e o peito. Mentres, a súa nai explicou que o seu marido a agarrou e e a tentou golpear.

Ademais, os axentes solicitaron unha ambulancia para atender á filla menor de idade da parella dado o estado de nerviosismo e ansiedade que presentaba e detiveron ao seu pai pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...