InicioSociedadeVigo, pioneira en España na realización de probas de COVID19 desde os...

Vigo, pioneira en España na realización de probas de COVID19 desde os propios coches

As probas fanse nun punto de fácil acceso para os vehículos situados xunto ao laboratorio do Hospital Meixoeiro. O Sergas estuda estendelas a outras áreas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) implantou a realización de probas de coronavirus a posibles infectados desde os seus vehículos en Vigo, un método cuxos resultados se avaliarán para analizar se é posible estender a súa prestación a outras áreas sanitarias.

Fontes do Sergas confirmaron que esta iniciativa, innovadora en España, se leva a cabo nun punto de fácil acceso para os vehículos situados xunto ao laboratorio do Hospital Meixoeiro, o que facilita o traslado das probas.

En concreto, este test realízase, mediante cita previa, se os facultativos consideran un caso sospeitoso de coronavirus e os resultados rexístranse nos historiais médicos dos pacientes.

  • Recollida de mostras para análise do COVID19 dende o coche no Hospital Meixueiro de Vigo © Miguel Nuñez

Deste xeito, este martes, cando se implantou o servizo, fixéronse 45 probas a posibles infectados nos seus vehículos, unha cifra que este mércores ascenderá a 100, o número máximo para o que se dispón de capacidade operativa. Así, concedéronse citas previas cunha marxe de cinco minutos entre elas co obxectivo de axilizar a prestación do servizo.

Esta iniciativa tamén busca dar resposta á “saturación” do servizo de probas a domicilio, que provocou que o número de equipos que as levan a cabo pasase de un a sete, segundo precisaron as mesmas fontes.

Ademais, esta medida permite reducir o consumo de equipos de protección individual nun momento no que “escasean”. Así, os sanitarios poden utilizar un mesmo uniforme durante toda a súa xornada, mentres que nas probas realizadas a domicilio se deben refugar tras cada servizo.

Estacións de test do COVID19 en aparcamentos en Corea do Sur.

A realización de probas a cidadáns desde os seus vehículos para determinar posibles casos de coronavirus tamén leva a cabo noutros países, como Corea do Sur, Alemaña, Estados Unidos e Australia.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...

Home de 50 anos afúndese na Punta da Foz en Baiona

Un home de arredor de 50 anos, natural de Ourense, sufriu este domingo un...

Detido en Vigo un home por agredir a súa nai cun garfo tras unha discusión por un bote de perexil

A Policía Local de Vigo detivo este domingo a un home de 29 anos...

Xulgan en Vigo un home acusado de estafar máis de 158.000 dólares na compra de produtos do mar

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará este...