InicioVigo e contornaVigoVigo anuncia a anulación da ORA tras a polémica xurdida en redes

Vigo anuncia a anulación da ORA tras a polémica xurdida en redes

PUBLICADO O


O Concello de Vigo acordou anular a ORA durante o tempo que dure a corentena. Unha medida que se fará efectiva na xuntanza que se celebrará este mércores ás 12.00 horas. “Esta decisión é consecuencia da comprobación de que a rotación na inmesa maioría de rúas reguladas pola Xestión do Estaciomaneto Regulado (XER) é baixa e, polo tanto, non suporá dificultades de aparcamento”, apunta o concello nun comunicado no que di que el asumirá o custo desta decisión.

A controversia pola medida adoptada polo goberno municipal encendeu o debate hoxe en redes logo de que este luns 16 de marzo o concello anunciase que seguiría mantendo activo o cobro da zona ORA (XER) e hoxe mesmo tamén advertise da multa a 9 persoas por sair á rúa a pasear e volver a pedir que a xente quede na casa.

No se puede salir de casa… Pero para cambiar el coche de calle, si? Alcalde!!! Sentido común alcalde. – Pablo O.

Un comentario repetido na rede polo que moitos entenden unha contrariedade nas indicacións por un lado de manterse na casa e por outro de ter a obriga de mover o coche cada dúas horas.

Poner el ticket de la ORA no puede ser un motivo justificado y urgente por el que se tenga que obligar a la gente a salir a la calle. – Manuel V.

La ORA no se suspende . .. Es por el bien de la ciudad. Sería malo que no hubiese rotación para los que tienen que ir a trabajar’ sinalou Abel Caballero na rolda de prensa online de onte.

Caballero xustificou a medida sinalando que a zona azul delimitada prazas que están próximas aos centros de traballo. Unhas prazas que segundo o alcade teñen que rotar para que “nadie deje el coche 2, 3 o 10 días” na mesma praza.

A medida tamén foi respondida pola oposición e sindicatos

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez Correa, tachou de “inexplicable” esa decisión do goberno municipal, que a xustifica amparándose na necesidade de que haxa “rotación” nos estacionamentos para facilitar que aparquen persoas que van traballar, a centros de saúde ou facer compras de primeira necesidade.

Pola súa banda, o sindicato UXT emitiu un comunicado no que denuncia que os traballadores da concesionaria están en servizo porque “a empresa ten orde do Concello de Vigo” de que se manteña a actividade. Un servizo que sinalan que neste momento “non é necesario”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...