Cancelados os partidos do RC Celta, polo menos, ata dentro de dúas semanas

Como mínimo cancélanse o Celta-Villarreal e o Valladolid-Celta.

Iago Aspas trata de avanzar ante dous xogadores do Eibar | RC Celta

Tal e como informou La Liga a través dun comunicado de prensa, suspenderanse os partidos de fútbol da Primeira e da Segunda División, polo menos, dúas xornadas.

Deste modo, pararase a competición durante as próximas dúas semanas, sendo o Real Madrid-Eibar o primeiro partido afectado.

No caso dos equipos galegos na Primeira División suspenderanse o Celta-Villarreal e o Valladolid-Celta. En canto aos equipos de Segunda división, cancélanse o Deportivo da Coruña-Sporting de GijónRácing de Santander-Lugo, Oviedo-Deportivo da Coruña e o Lugo-Zaragoza.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here