InicioSociedadeVigo, a primeira gran cidade en cancelar todos os eventos públicos e...

Vigo, a primeira gran cidade en cancelar todos os eventos públicos e obrigar a desinfectar taxis e buses

Suspéndense os actos programados para esta semana do día da muller. "Vigo non é un foco de contaxio, mais é unha cuestión dinámica sobre hai que estar atentos ao que din as autoridades sanitarias", apostilou o alcalde.

PUBLICADO O

O rexedor da cidade olívica informou a mañá desde mércores 11 do aplazamento das actividades organizadas para os seguintes días. “Se se requiren máis días, alargarémolo”, indica.

Os actos dos días da muller organizados para esta semana, concertos, citas deportivas -como o Padel Tour, a liga escolar de natación ou a Gran gala do deporte en Vigo-, quedan suspendidos. “Non queremos celebrar estes eventos con tensión no ambiente”, sinala o alcalde.

O TEMA DA RECONQUISTA DE VIGO E OS VIGUESES DISTINGUIDOS

Sobre a Reconquista dixo que “hai que empezar a prever o que pode acontecer. Valoramos todas as posibilidades, pero aínda estamos falando coas asociacións organizadoras dos eventos” sinalou o alcalde. “Hai que tomalo con cautela, pero sen ficar quetos”, destacou.

“Comparado con outras cidades, Vigo non é un foco de contaxio, mais é unha cuestión dinámica sobre hai que estar atentos ao que din as autoridades sanitarias”, dixo.

RESTRICCIÓN AO TRANSPORTE PÚBLICO

Abel Caballero, asegurou que haberá unha restricción aos taxis, de forma que “deberán desinfectar o automóbil despois de levar a cada cliente”. “O mesmo sucederá cos autobuses, limparanse os asentos, barras de agarre, etc“, prometeu o rexedor. E engadiu que, “estamos valorando a posibilidade de introducir desinfectantes de mans nos autobuses urbáns, mais non sabemos se hai disponibilidade para todos os autobuses”

ATENCIÓN AO PÚBLICO

“Na Lonxa do Concello, buscaremos previa cita telefónica, evitando as colas e as grandes aglomeracións de xente”, sinalou.

O TEMA DA ENSINANZA

“Haberá un estricto protocolo de hixienización nas superficies coas que entran en contacto os alumnos: os taboleiros, as portas, os baños, entre outros”, indicou. “Será sobre todo atendendo ás escolas infantís e de educación primaria, debido á sensibilidade dos máis novos”, asegura.

Haberá recomendacións tamén para os centros de traballo e as empresas”, concluiu o rexedor. Con todo, podes ver a continuación os vídeos da nota de prensa.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...