InicioSociedadeDesconvocan a protesta en defensa da sanidade pública en Vigo por mor...

Desconvocan a protesta en defensa da sanidade pública en Vigo por mor do coronavirus

Substitúen a marcha por unha mobilización en redes sociais a través do 'hashtag' #17MpolaSanidadePública.

PUBLICADO O

O portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública na área de Vigo, Manuel González Moreira, anunciou a desconvocatoria da manifestación en defensa da sanidade pública prevista o vindeiro martes na cidade olívica para “protexer os profesionais dun posible contaxio” por coronavirus.

Durante unha rolda de prensa celebrada este mércores en Vigo, González Moreira explicou que esta medida foi acordada polas entidades convocantes, a Plaforma SOS Sanidade Pública e a Xunta de Persoal da área, ante a posibilidade de que a aglomeración supuxese un “risco” para o persoal sanitario chamado a participar, xunto á cidadanía, na marcha.

Neste sentido, o portavoz da plataforma na zona incidiu en que esta decisión foi tomada por “responsabilidade” ante a necesidade de “protexer” os profesionais sanitarios para que poidan atender as persoas infectadas por coronavirus, así como a outros pacientes.

Precisamente, resaltou a importancia de “contar cunha sanidade pública forte” e cunha Atención Primaria que dispoña dos recursos necesarios para garantir a calidade asistencial ante o incremento rexistrado no número de casos de coronavirus durante as últimas semanas.

A presidenta da Xunta de Persoal da área de Vigo, María José Diéguez, remarcou que as reivindicacións que motivaron a convocatoria da manifestación permanencen vixentes, polo que só se decidiu aprazala. Así, incidiu en que esta medida non foi motivada por “presións” senón por “responsabilidade”.

MOBILIZACIÓN EN REDES

Por esta razón, González Moreira indicou que a marcha se substituirá por unha mobilización a través das redes sociais que terá lugar o mesmo día, o 17 de marzo. Así, chamou aos cidadáns a explicar “por que a sanidade pública resulta importante para eles” e a súa experiencia respecto diso a través do ‘hashtag’ #17MpolaSanidadePública.

Adicionalmente, avanzou que a Plataforma SOS Sanidade Pública solicitará reunións coas distintas formacións que se presentarán aos comicios autonómicos do próximo 5 de abril co obxectivo de informar os seus representantes sobre “as necesidades asistenciais” do servizo de saúde galego e conseguir o seu “compromiso” coa solución dos “problemas” que presenta.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...