InicioSucesosEvacuadas catro persoas tras caer ao río Miño co coche no que...

Evacuadas catro persoas tras caer ao río Miño co coche no que circulaban no Rosal

O turismo accidentado foi retirado do río por un guindastre.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro persoas foron trasladadas este martes a un centro hospitalario despois de que o turismo no que viaxaban caese ao río Miño no termo municipal do Rosal.

Segundo informou o 112 Galicia, as persoas foron evacuadas con feridas nas mans, producidas ao romper os cristais das xanelas do coche para saír do interior do vehículo, que finalizou totalmente cuberto de auga.

Os feitos sucederon na parroquia de Tabagón, nas proximidades do velódromo, sobre as 1,40 horas deste martes. Foi unha persoa a que contactou co 112 Galicia para alertar do accidente.

Tras ter coñecemento, por parte do CIAE 112 pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos voluntarios de Protección Civil do Rosal, ao GES da Guarda e aos Bombeiros do Baixo Miño.

Finalmente, o turismo accidentado foi retirado do río por un guindastre, concretaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...