InicioSucesosMorren os dous ocupantes dunha moto tras chocar cun turismo en Cangas

Morren os dous ocupantes dunha moto tras chocar cun turismo en Cangas

Trátase de dous mozos de 20 e 27 anos.

PUBLICADO O

Dous mozos de 20 e 27 anos que viaxaban nunha motocicleta faleceron este luns nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar contra un coche no termo municipal de Cangas do Morrazo.

Segundo os datos do 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 15,00 horas deste luns ao chocar un turismo e unha moto no Camiño da Choupana, detrás da Cooperativa San Roque.

Tras o aviso dun particular, o 112 Galicia mobilizou o 061, Bombeiros do Morrazo, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil da localidade.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 expuxo mobilizar un helicóptero medicalizado para a atención das vítimas, pero finalmente confirmouse o falecemento dos dous ocupantes da moto no lugar e non saíu, concretaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...