InicioVigo e contornaVolven a Vigo as rutas aéreas a Londres e a Baleares por...

Volven a Vigo as rutas aéreas a Londres e a Baleares por 3 millóns de euros

Está enfocada, principalmente, a "recuperar" a conexión aérea de Vigo coa capital británica, segundo apuntou Abel Caballero.

PUBLICADO O

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo deu luz verde ao expediente de contratación da promoción turística en rutas aéreas a Londres e Baleares (coñecido como o concurso de voos) por un importe duns 3 millóns de euros, segundo confirmou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero.

Esta contratación terá vixencia por 3 anos (2020, 2021 e 2022) e está enfocada, principalmente, a “recuperar” a conexión aérea de Vigo coa capital británica, segundo apuntou o rexedor olívico.

Nesta licitación, esixirase ás empresas que opten á ruta de Londres que garantan, para este ano, unha frecuencia mínima de 2 voos semanais, durante polo menos 24 semanas. Para 2021 e 2022, pídese unha frecuencia mínima de 3 voos semanais, durante 31 semanas.

No caso do mercado balear, ponse como condición que, en 2020, haxa 2 voos semanais a Palma de Mallorca durante un mínimo de 24 semanas; e nos anos 2021 e 2022, un mínimo de 2 voos semanais durante 31 semanas. Con respecto á ruta Vigo-Eivissa, esíxese un mínimo de 2 voos semanais durante 6 semanas en 2020, e a mesma frecuencia, durante 8 semanas, nos anos 2021 e 2022.

As compañías que opten ao concurso deberán, así mesmo, presentar un plan de promoción turística que inclúa rotulación, publicidade nos avións e outros soportes, viaxes para prescriptores, etc. A partir deste martes, ábrese un prazo de 15 días para presentar ofertas e o goberno local prevé facer a adxudicación a finais de abril.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...