InicioEconomíaO grupo PSA nega falta de compoñentes pola crise do coronavirus: "As...

O grupo PSA nega falta de compoñentes pola crise do coronavirus: “As fábricas están en plenísima actividade”

"Vida normal, cun pouco máis de tensión e vixilancia precisa", resumiu o director do Clúster Ibérico do Grupo.

PUBLICADO O

O director do Clúster Ibérico do Grupo PSA, Juan Antonio Muñoz Codina, asegurou que “de momento” non está a haber escaseza de compoñentes por mor da crise do Coronavirus e que as fábricas “están en plenísima actividade”. “Vida normal, cun pouco máis de tensión e vixilancia precisa”, resumiu.

Así o trasladou Muñoz Codina en declaracións aos medios, ante os que compareceu en París acompañado do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen se desprazou á capital francesa para reunirse co presidente do Grupo PSA, Carlos Tavares.

Preguntado respecto diso, negou que haxa escaseza de compoñentes para as fábricas. “Non está a faltar nada. Estamos a xestionar a situación e, evidentemente, hai un pouco máis de tensión que nunha vida normalizada, pero de momento non temos ningún impacto nese sentido”, remarcou.

Sobre a influencia nas vendas, respondeu que non é especialista en mercados e esgrimiu que non coñece exactamente a causa da caída rexistrada nos dous primeiros meses do ano en relación ao anterior exercicio. “Non sei se o mercado baixou como consecuencia diso ou doutras consideracións que tamén se dan no mundo do automóbil neste momento, como a electrificación”, dixo.

Nas súas fábricas, remarcou que PSA traballa con protocolos que “cumpran coa normativa legal de cada un dos países”, neste caso en España. “Pero conciliar iso cunha continuidade da actividade na medida do posible; é o que sucedeu ata o día de hoxe e é o que esperemos que suceda na semana por vir”, puntualizou.

“TODO O MUNDO SE PREGUNTA QUE PODE OCORRER”

Pola súa banda, Feijóo remitiu ás compañías para determinar o impacto industrial do Coronavirus e incidiu en que os datos dos que dispón a Xunta en relación á automoción se basean nas previsións dos primeiros meses de 2020, así como “as solicitudes de mercados que ten o Grupo en canto aos modelos que se fabrican en Vigo”.

Todo o mundo se está preguntado que pode ocorrer desde o punto de vista industrial e ten os seus protocolos; cónstame que Citroën tamén”, resolveu.

ÚLTIMAS

Absolto un veciño de Vigo do delito de administración desleal pola venda dunha leira

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...