InicioSociedadeO menor ingresado en Vigo dá positivo en coronavirus

O menor ingresado en Vigo dá positivo en coronavirus

Supón o cuarto caso en Galicia. Proceden a controlar os compañeiros de clase e amigos do rapaz.

PUBLICADO O

As análises realizadas no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e confirmados polo Centro Nacional de Microbioloxía, ao menor ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), confirman a infección por coronavirus, o que supón o cuarto caso en Galicia.

Segundo confirmou a Consellería de Sanidade, o menor atópase ingresado en planta do HAC, “en cumprimento cos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade”.

A Dirección Xeral de Saúde Pública, incidiu Sanidade, “está seguindo o protocolo”, e xa iniciou o estudo de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios”.

O menor infectado, de 15 anos, estuda no IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña, onde a Consellería de Sanidade e Educación aplicaron os protocolos correspondentes.

CONTROL DOS COMPAÑEIROS DE CLASE

O menor acudiu a clase con normalidade ao seu instituto de Moaña ata este xoves e mantivo o último contacto coa súa nai, que tamén está afectada polo virus, o pasado 27 de febreiro.

Así o confirmou este venres o xefe do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas da Xefatura de Sanidade en Pontevedra, Miguel Álvarez Deza, que compareceu xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o subdirector xeral de Información sobre a Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada.

O dispositivo para detectar e previr contaxios en Galicia procedeu a controlar os compañeiros de clase no IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña e amigos do menor de 15 anos. Así, fontes próximas ao centro educativo indicaron que isto significa que se procederá a identificar todos os compañeiros de clase, uns 27 alumnos, e aos amigos, polo que calculan que sexan uns 50 ou 60 rapaces.

Todos eles estarán controlados e deberán tomar a temperatura varias veces ao longo do día. Ademais, terán un control dos síntomas por se presentasen algún, nese caso deben contactar co 061.

Segundo determina o protocolo, distinguiuse entre ‘contactos estreitos’ do menor –os seus compañeiros de clase e os que compartiron transporte escolar con el– e o resto dos alumnos, tendo en conta que un hipotético contaxio sería máis posible entre os primeiros. Segundo confirmaron  fontes próximas ao centro, trátase duns 27 alumnos na clase e outros contactos próximos, ata sumar uns 50 ou 60 mozos.

Pola súa banda, no instituto no que cursa estudos o menor con positivo a coronavirus, continúan as clases “con normalidade”, ratificaron por parte do centro. Ademais, persoal do centro mantivo reunións coas autoridades sanitarias e educativas correspondentes e activouse un plan de vixilancia activa de todos os que tiveron contacto directo co menor infectado, que cursa 3º da ESO.

As autoridades sanitarias galegas contactarán diariamente cos compañeiros de clase e de transporte escolar do menor, aínda que descarta pechar o IES.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...