InicioEconomíaO Salón do Automóbil e Motocicleta de Vigo mostra ata o domingo...

O Salón do Automóbil e Motocicleta de Vigo mostra ata o domingo as novidades de máis de 60 marcas

O Instituto Feiral de Vigo, Ifevi, acolle desde este mércores e ata o domingo a 29ª edición do Salón do Automóbil e a Motocicleta, no que participan máis de 60 marcas, e poderán verse uns 700 vehículos.

PUBLICADO O

O Instituto Feiral de Vigo, Ifevi, acolle desde este mércores e ata o domingo a 29ª edición do Salón do Automóbil e a Motocicleta, no que participan máis de 60 marcas, e poderán verse uns 700 vehículos.

O Salón, que foi inaugurado polo alcalde, Abel Caballero, e o director xeral do Igape, Juan Cividanes, ten como un dos seus principais alicientes a presenza de Tesla, o maior fabricante mundial de vehículos eléctricos, que mostrará a súa clase ‘premium’ dotados de alta tecnoloxía.

Os visitantes tamén poderán coñecer outros modelos eléctricos, de firmas como Peugeot, Seat, Volkswagen, Smart, Mini, Nissan, Renault, DS, Kia, Opel ou Skoda, e os últimos modelos híbridos destes e outros construtores, como Lexus.

Así mesmo, por primeira vez na feira, haberá presenza da marca Invicta Motor, que mostrará o Nextem Metro, un camión de último quilómetro.

Non faltarán á cita do Ifevi outros habituais, como Porsche, Mercedes, BMW ou Audi, e os principais fabricantes cos seus últimos lanzamentos.

O sector de motocicletas ocupará un pavillón completo, con 30 marcas de todo tipo: convencionais, eléctricas, motonáutica, ‘quads’ e outras modalidades. Entre as novidades, destacan modelos como a BMW F 900 XR, ou a Ducatti Panigali V4 S, así como motos de Vespa, Yamaha, Harley Davidson ou Honda.

A feira estará aberta en horario de tarde o xoves (de 16,00 a 21,00 horas) e todo o día o venres, sábado e domingo (de 11,00 a 21,00 horas); con entradas a 7,5 euros para adultos e gratis para nenos menores de 10 anos.

O alcalde de Vigo probando un simulador de rally

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...