InicioSociedadeRueda asegura que "non hai ningunha disensión" entre PP galego e estatal...

Rueda asegura que “non hai ningunha disensión” entre PP galego e estatal sobre o 8M

Centros escolares de Vigo, Santiago e Cee álzanse cos primeiros premios do concurso de carteis da campaña da Xunta polo 8M.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente provincial do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, asegurou este mércores que “non hai ningunha disensión” entre o PP galego e o nacional acerca da celebración e significado do 8M, Día Internacional da Muller.

Nun acto sobre o 8M celebrado no Museo do Mar en Vigo, e a preguntas dos medios sobre as polémicas declaracións da portavoz do PP no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, (quen afirmou que non participaría na manifestación do 8M e declarouse “feminista amazónica”), Alfonso Rueda limitouse a afirmar que “a postura do PP galego é a postura do PP nacional, por tanto non hai ningunha disensión”.

O vicepresidente galego fixo estas declaracións antes de participar, no Museo do Mar de Galicia, nun acto de entrega de premios con motivo do concurso escolar de carteis convocado pola Xunta no marco da campaña polo 8M.

Nese acto, no que participaron tamén a conselleira de Educación, Universidades e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa (e secretaria xeral de Igualdade por delegación), Natalia Prieto, entregáronse os primeiros premios das distintas categorías a tres centros educativos: o CEIP Pintor Laxeiro de Vigo, o Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago, e o IES Agra de Raíces de Cee (A Coruña).

Tanto Rueda como Pomar destacaron a gran calidade dos traballos presentados, que serán utilizados na campaña institucional da administración autonómica e que, a pesar de ser realizados por escolares, están “á altura de deseños profesionais”.

A conselleira de Educación destacou o “compromiso” da Xunta de Galicia coa igualdade, tamén desde un modelo educativo baseado no respecto e a liberdade. Na mesma liña, Alfonso Rueda incidiu en que o camiño para avanzar cara á igualdade pasa pola educación e por traballar no cambio de valores, estereotipos e actitudes que sosteñen a desigualdade.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...