InicioEconomíaA falla de maquinistas obrigou a suprimir varios servizos ferroviarios en Vigo

A falla de maquinistas obrigou a suprimir varios servizos ferroviarios en Vigo

Renfe atribúe os problemas a casos excepcionais, como baixas laborais, vacacións e períodos de formación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A falla de dispoñibilidade de maquinistas obrigou a Renfe a suprimir varios trens durante a pasada semana en Vigo. Segundo trasladou o sindicato CXT, a situación afectou 10 servizos en total e a falla de profesionais xa obrigara a restrinxir 74 no mes de decembro de 2019.

Desde a empresa atribúese os problemas a circunstancias puntuais. Segundo detallou, varios dos profesionais atópanse realizando tarefas de formación o que, unido a outras causas como baixas laborais e vacacións, “provocou algunha supresión de servizos de media distancia”.

A normativa de Renfe “obriga aos maquinistas a habilitarse nos trens e traxectos onde prestan servizo”, sinalou a empresa. Esta habilitación inclúe “o material (trens), infraestrutura, normativa e, nalgúns casos, a lingua portuguesa”, o que implica “períodos de formación moi longos” de formación. (con cursos de 217 días e máis de sete meses de duración).

A compañía asegurou que esta supresión afectou a trens “de moi baixa ocupación” e a empresa “ofreceu en todos os casos un servizo alternativo aos viaxeiros”, ben a través de taxis ou de autobuses.

A pesar diso, defendeu a dispoñibilidade de persoal “suficiente” para prestar servizo na provincia de Pontevedra, “con normalidade, sempre que non concorran outras circunstancias” (baixas laborais, descansos, xubilacións, etc.).

Desde CXT, con todo, critican a interlocución “deficiente” da empresa para solucionar os problemas dos traballadores e a falta de medios, como así llo trasladaron en decembro e xaneiro.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...