InicioMedio Ambiente e PatrimonioAtopan na ría de Vigo un envase de plástico de salchichas con...

Atopan na ría de Vigo un envase de plástico de salchichas con data de caducidade do 1983

Atopárono entre as Illas de Ons e as Illas Cíes, cando estaban a recoller as redes de pescas uns mariñeiros.

PUBLICADO O

Consumimos envases plásticos desde fai moitos anos. Grazas aos movementos contra o cambio climático sabemos que, a maioría deles, se non os reciclamos tardan 150 anos en desaparecer. Isto impresiona máis cando un o ve en primeira persoa. Foi o caso dos mariñeiros da Cofradía de Corme. 

A 5 millas das Illas de Ons e a 6 das Illas Cíes, cando estaban a recoller as redes de pesca atoparon un envase de ‘Salchichas Frankfurt’ nelas. A súa sorpresa chegou cando se fixaron na data de caducidade. Era de 1983. É dicir, polo menos 37 anos desde que foron consumidas e o envase seguía sumerxido nas costas galegas. 

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...