InicioPolíticaO Concello de Vigo recorre o mantemento da presa de Eiras licitado...

O Concello de Vigo recorre o mantemento da presa de Eiras licitado pola Xunta ao considerar que é municipal

"A presa é nosa, a competencia déronnola en agosto de 1962, e unha parte importante da presa de Eiras pagouna Vigo", afirma Abel Caballero.

PUBLICADO O

O goberno municipal de Vigo aprobou este xoves a presentación dun recurso contencioso-administrativo contra a resolución de Augas de Galicia para adxudicar o mantemento e conservación da presa de Eiras, ao considerar que ese mantemento é competencia municipal e así a está exercendo o concello.

Segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, a xunta de goberno deu luz á presentación dese recurso e entende que, tal e como se recolle no expediente aprobado, as prestacións obxecto do contrato que quere adxudicar Augas de Galicia “resultarían de execución legalmente imposible” porque xa están a ser realizadas pola concesionaria municipal Aqualia.

A presa é nosa, a competencia déronnola en agosto de 1962, e unha parte importante da presa de Eiras pagouna Vigo. A condución é de Vigo, e pasa por concellos por onde pagamos o IBI”, sinalou o rexedor, quen engadiu: “Non queremos que a Xunta exerza unha competencia que é nosa”.

Por outra banda, Caballero lembrou que o Goberno galego reclama ao Concello un canon anual de 655.000 euros por eses labores de mantemento que, segundo insistiu, xa fai a concesionaria. “É o continuo ‘facer pagar a Vigo todo’ de Feijóo”, resolveu.

RESPOSTA DA XUNTA

Mentres, fontes da Xunta de Galicia matizaron que o Concello é titular do sistema de abastecemento que sae da presa, distribuíndo auga aos demais municipios, “aos que cobra”, “pero do mantemento e da seguridade da presa ocúpase a Xunta”.

“Se o Concello xa realiza eses labores, que o demostre. Pero a Xunta non vai xogar coa seguridade da poboación do ámbito da presa. A Xunta asume a responsabilidade do mantemento e seguridade da presa, e repercútelle o gasto ao Concello de Vigo, como establece a lei”, sinalaron desde o Goberno autonómico.

Finalmente, lembraron que, se quere librarse de pagar ese canon de regulación, o Concello podería asinar un convenio, como así se lle ofreceu, pero o goberno de Abel Caballero “non o aceptou”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...