Estréase ‘Youcanthide’, o grupo vigués que mezcla a música urbana e o punk de garaxe

Formarán o grupo musical o ex integrante de Banana Bahía Music, Kaixo, e os integrantes de Kings Of The Beach na instrumentalización. Aseguran ser unha das vías de escape para a "realidade distópica" e individualista na que vivimos.

O grupo vigués, Youcanthide

Desde a mestura de dous estilos musicais, a priori, opostos, créase ‘Youcanthide’ na cidade de Vigo. Combínase a música urbana de Kaixo co punk de garaxe de Kings Of The Beach.

Aínda que xa fixeron concertos nos últimos meses, apenas acaban de lanzar este novo proxecto. Buscan un impulso co lanzamento do seu novo videoclip ‘I got a Bullet’, no que como indican “ironizamos sobre o tópico galego coma paleto de campo e sobre os estereotipos dos rapeiros”.

“Youcanthide (en inglés: ‘Non podes esconderte’) é un grito desgarrado e desesperado. Por non poder esconderse dun mesmo. Por non poder esconderse das correntes distópicas que bañan o mundo” sinalan os propios membros do grupo. “Estamos agochados nunha época onde a post verdade nos alimenta coma se da realidade se tratase. Non podemos escondernos do presente distópico, das tecnoloxías de control da sociedade, da soberbia do poder ou do ego desmesurado que xeneran as redes sociais” engaden.

Con todo , en canto os obxectivos do grupo, sinalan que a “a tempos desesperados medidas desesperadas. Nada mellor que combatir a frustración con fina ironía, coa mellor das comedias negras como bálsamo de realidade”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here