InicioSociedadeA UVigo pon en marcha un proxecto para optimizar o cultivo de...

A UVigo pon en marcha un proxecto para optimizar o cultivo de ourizo de mar

Repoboaranse áreas da ría de Vigo con 30.000 exemplares e crearase un biobanco de especies autóctonas. Só nos últimos 10 anos, o valor das vendas de ourizo de mar nas lonxas galegas pasou de 2 a 4,5 millóns de euros.

PUBLICADO O

A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), da Universidade de Vigo, en cooperación coa confraría de Cangas, e ao amparo do programa Pleamar (da Fundación Biodiversidade), puxo en marcha o proxecto Ocimer para a optimización do cultivo de ourizo de mar, un produto cuxo valor comercial creceu exponencialmente nos últimos anos.

A iniciativa foi presentada este mércores na sede do Parque Nacional Illas Atlánticas, que tamén coopera en Ocimer, e ten como obxectivo xeral implementar novas técnicas optimizadas no cultivo e a metodoloxía de repoboación do ourizo de mar. Todo, co fin de mellorar a súa comercialización e para recuperar os bancos de zonas sobreexplotadas, segundo explicou o investigador principal e director da ECIMAT, José Manuel García Estévez.

Así, os investigadores traballarán en catro liñas: a mellora de parámetros biolóxicos nas diferentes etapas do cultivo, o deseño de metodoloxías de repoboación que aumenten a supervivencia dos individuos liberados, a mellora da calidade das gónadas para aumentar o seu valor comercial, e a conservación das especies autóctonas de Galicia.

Para iso, en colaboración coa Confraría San Xosé de Cangas, repoboaranse zonas sobreexplotadas; crearase un biobanco de especies autóctonas; e deseñaranse dietas para mellorar as condicións do ourizo antes da súa comercialización.

GRAN VALOR COMERCIAL

A técnica responsable do proxecto, Noelia Tourón, explicou que o ourizo de mar é unha especie cuxo valor comercial se ha ido incrementando exponencialmente nos últimos anos. Así, en Galicia, a produción anual desde 2000 (exceptuando o ano 2003, debido á marea negra do Prestige) roldou as 700 toneladas, e o prezo do quilo ha ido subindo ata alcanzar picos temporais de 20 euros.

Segundo explicou, só nos últimos 10 anos, o valor das vendas de ourizo de mar nas lonxas galegas pasou de 2 a 4,5 millóns de euros. Este ourizo galego expórtase principalmente a Francia e Bélxica.

No marco do proxecto Ocimer realizarase unha primeira repoboación controlada, con exemplares marcados. Logo, repoboaranse zonas da ría de Vigo cuns 30.000 exemplares, dos que se espera que sobrevivan polo menos un 60%.

Os depredadores naturais (como a estrela de mar ou o sargo) pero, sobre todo, a sobreexplotación pesqueira, reduciron drasticamente as poboacións de ourizo en todo o mundo, tamén en Galicia, onde algúns bancos desapareceron. A iso súmase o feito de que os ourizos de mar necesitan polo menos 3 anos para chegar á idade reprodutiva.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...