InicioSociedadeMarea de Vigo avoga por renegociar o convenio do transporte metropolitano

Marea de Vigo avoga por renegociar o convenio do transporte metropolitano

Rubén Pérez pediu "empatía" ao goberno vigués, ao que lembrou que os veciños da cidade poden beneficiarse de bonificacións en transportes interurbanos ou no de ría, grazas á achega doutros concellos, e sen que o de Vigo "poña un duro".

PUBLICADO O

O grupo municipal Marea de Vigo instou o alcalde, Abel Caballero, a deixar de “sacar convenios da chisteira” para solucionar a cuestión do transporte dos viaxeiros non empadroados na cidade, e avogou por renegociar ou aclarar o convenio que no seu día o goberno local asinou coa Xunta, e que contemplaba o cofinanciamento das bonificacións.

A través dun comunicado, este grupo político criticou que o rexedor aluda agora á firma de convenios para facilitar aos usuarios non censados o acceso ao cartón que bonifica as viaxes en bus urbano (de maneira que non teña que pagar Vigo esas subvencións).

Segundo o seu portavoz, Rubén Pérez, habería que recuperar o acordo (asinado en xullo de 2016 e anulado polo Concello menos dun ano despois, sen que chegase a entrar en vigor), pero aclarando a “dobre interpretación” que fixeron ambas as administracións sobre a achega de cada unha e sobre os traxectos subvencionados.

Tras lembrar que o convenio contemplaba que unha parte da subvención era abonada pola Xunta e outra polo Concello, o concelleiro de Marea sinalou que, retomando ese acordo, “evitaríase un novo esperpento e un aproveitamento oportunista de partidos políticos e alcaldes, nunha situación que só beneficia a unha concesionaria (Vitrasa)”.

Rubén Pérez pediu “empatía” ao goberno vigués, ao que lembrou que os veciños da cidade poden beneficiarse de bonificacións en transportes interurbanos ou no de ría, grazas á achega doutros concellos, e sen que o de Vigo “poña un duro”.

Finalmente, Marea lembrou que, cando en 2018 levou a pleno unha moción para esixirlle á Xunta un novo borrador do convenio de transporte metropolitano, o grupo do goberno (PSOE) “votou en contra”.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fose secretario xeral do...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...