InicioCulturaEstes son todos os eventos de arte, literatura e cinema da Deputación...

Estes son todos os eventos de arte, literatura e cinema da Deputación de Pontevedra en Vigo

A sede acollerá exposicións, proxección de películas, encontros culturais e unha pasarela do traxe galego tradicional.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, en pleno Casco Vello, acollerá nos próximos meses diversos eventos culturais, con especial atención á creación feminina e á reivindicación das mulleres artistas, cunha programación de actos que foi presentada este luns pola presidenta do organismo provincial, Carmela Silva.

Así, avanzou que xa este martes se celebrará o Día das Mulleres na Ciencia, cun encontro do Colexio de Enxeñaría no que se abordará a presenza das mulleres nas denominadas carreiras STEM (de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).

O próximo 21 de febreiro, a sede viguesa da Deputación acollerá unha “pasarela do traxe galego” tradicional, organizada pola asociación etnográfica Sete Espadelas, e que se complementará cunha mostra das artesás Elena Ferro (‘zoqueira’) e Paula Ojea (ceramista).

A programación de febreiro culminará, o próximo 24, Día de Rosalía de Castro, cunha ‘visita’ da escritora que, acompañada polo pintor e escritor de finais do século XIX e principios do XX, Modesto Brocos, darán un ‘paseo’ polo barrio histórico de Vigo e ofrecerán unha representación na sede da Deputación.

REIVINDICACIÓN DA IGUALDADE

Xa no mes de marzo, farase especial énfase na reivindicación da igualdade e da loita contra as violencias machistas aínda que, como recalcou Carmela Silva, a institución provincial “reivindica a igualdade os 365 días do ano”.

O 3 de marzo inaugurarase a exposición ‘Sempre marzo’, cunha selección de obras de 33 creadores, extraídas do libro do mesmo título e coordinado polo poeta Yolanda Castaño. Trátase dunha mostra de pinturas, gravados e esculturas, complementados con 12 poemas manuscritos de autoras como María Xosé Queizán, Marilar Alexandre, Olga Novo ou Ana Pedreira, entre outras.

O 4 de marzo celebrarase unha xornada de ‘Letras en feminino’ para “visibilizar a revolución das mulleres na literatura galega”.

Os días 5,6 e 9 de marzo, a sala de proxeccións Dorotea Bárcenas da sede da Deputación acollerá as proxeccións dos filmes ‘Onaga Girls’, ‘Sonita’ e varias curtas, todas obras que viran ao redor das mulleres e a loita pola igualdade.

MÁIS EXPOSICIÓNS

O 11 de marzo iniciarase outra exposición, comisariada por Rosa Sarmiento, baixo o título ‘Muller por Muller’, que será a primeira gran mostra que se poida ver nesta sede, e contará con fondos de coleccións públicas e privadas da provincia, e servirá para reivindicar as mulleres creadoras.

Xa en abril, a sede será escenario dunha mostra singular: unha selección de carteis elaborados e enarborados por participantes nas manifestacións que se celebran con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Tamén poderá verse outra exposición “moi especial” sobre a escritora María Xosé Queizán, cunha mostra de obxectos que foi recompilando ao longo da súa vida.

E, entre marzo e abril, dependendo das condicións climatolóxicas, poderá verse no exterior da sede a mostra ‘O vento nas velas’, con fotografías de Xurxo Lobato.

FORMACIÓN

Por outra banda, a presidenta da Deputación lembrou que, ademais de retomar as actividades do programa SmartPeme, o organismo provincial facilitará formación en Vigo para a inserción laboral.

Así, durante as próximas dúas semanas realizarase o proceso de selección para participar en 11 itinerarios de formación e inserción (en áreas como hostalaría, dinamización e tempo libro, ou socorrismo) ao amparo do programa Labora 2020, que se impartirán a partir de marzo. Unhas 800 persoas beneficiaranse desta actividade en toda a provincia.

Finalmente, Carmela Silva insistiu en que, tal e como se anunciou cando se abriu a sede da Deputación na cidade olívica, dita sede pretende ser un espazo “aberto á cidadanía” e os seus representantes, polo que se sucederán os encontros e actividades organizados por diferentes asociacións e colectivos que solicitaron dispor de espazos.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...