InicioSucesosUn petroleiro con tres polisóns a bordo atraca no Porto de Vigo

Un petroleiro con tres polisóns a bordo atraca no Porto de Vigo

As tres persoas que subiron ao barco de forma clandestina foron descubertas polo persoal do buque a pasada xornada e nese momento solicitaron desembarcar no litoral vigués.

PUBLICADO O

Un petroleiro atracou en Vigo na mañá deste sábado despois de que o capitán do barco pedise permiso o venres ás autoridades do porto, xa que levaba a bordo tres polisóns que, segundo o responsable da embarcación, mostraban “unha actitude violenta“.

Segundo informaron fontes policiais, as tres persoas que subiron ao barco de forma clandestina foron descubertas polo persoal do buque a pasada xornada e nese momento solicitaron desembarcar no litoral vigués.

Agora é Fronteiras quen está ao mando do asunto e polo momento atópanse á espera de conseguir un tradutor para realizar os trámites habituais neste tipo de situacións.

Ademais, as mesmas fontes precisaron que os polisóns nunca son baixados a terra, polo que todas as actuacións que as autoridades estimen oportunas se realizarán a bordo da navieira, como así o marca a lexislación internacional.

Igualmente, as embarcacións nas que estás persoas que viaxan de forma irregular son as responsables de devolvelas ao porto de orixe onde partiron.

Polo momento non se conseguiu identificar a nacionalidade dos polisóns, xa que “viaxan sen documentación” para que non sexa posible retornalos, apuntaron as mesmas fontes.

Nestes momentos tamén se está traballando por aclarar se os polisóns son violentos ou non, como afirmou o capitán, xa que en moitas ocasións as navieiras utilizan este argumento para non ter que facerse cargo dun asunto destas características.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...