InicioPolíticaFeijóo afirma que o modelo privatizador do Álvaro Cunqueiro era "a única...

Feijóo afirma que o modelo privatizador do Álvaro Cunqueiro era “a única posibilidade” en plena crise

Defende a súa calidade asistencial e instalacións e afirma que o obxectivo é ter hospitais así "en todas as cidades".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistiu este xoves en que o modelo elixido polo goberno galego para construír o hospital vigués Álvaro Cunqueiro (un modelo concesional, con xestión privada de servizos non sanitarios e co pago dun canon anual por parte da administración) era “a única posibilidade” de facer realidade este centro sanitario en cinco anos e en plena crise.

Así o manifestou tras ser preguntado sobre o malestar dalgúns colectivos, que denuncian que se vancometer ampliacións e outras melloras noutros hospitais con financiamento público e non privado como se fixo na cidade olívica.

“Todo o mundo sabe que en época de crise a única posibilidade de facer un hospital en cinco anos era o sistema que usamos, por certo, a proposta do goberno de Zapatero, para poder construílo cumprindo os criterios de déficit público”, afirmou, e lembrou que o novo hospital era necesario, dado que o antigo Hospital Xeral xa non permitía “atender xente con dignidade”.

Ante as críticas, o presidente galego lamentou que haxa xente “que non lle guste ter un bo hospital na súa cidade”, pero matizou que “son unha inmensa minoría”.

HOSPITAIS COMO O DE VIGO “EN TODAS AS CIDADES”

Aos cidadáns da Coruña gustaríalles ter o hospital que teñen en Vigo, e aos de Ourense e Pontevedra. A todos gustaríalles poder ter este hospital e gozar desta calidade asistencial e destas instalacións”, proclamou Núñez Feijóo, quen engadiu que “o obxectivo do Sergas é ter hospitais como o de Vigo en todas as cidades”.

Finalmente, o presidente galego lembrou as “mentiras” e “disparates” que se dixeron do hospital Álvaro Cunqueiro, como que é “privado”, algo “falso”; e sinalou que mesmo se chegou denunciar ao hospital (por parte do Concello de Vigo debido á falta de pagamento do IBI) e unha sentenza “ratifica que é tan do Sergas como calquera outro”.

“En política, a verdade sempre vence á mentira”, advertiu, e criticou que haxa xente a quen lle moleste o “éxito” do hospital Álvaro Cunqueiro. “Eu estou moi satisfeito co éxito do hospital Álvaro Cunqueiro, porque é o éxito dos cidadáns de Vigo de boa fe, que son a inmensa maioría”, resolveu.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...