InicioSucesosIntoxicadas catro persoas por mor da mala combustión dun quentador nunha vivenda...

Intoxicadas catro persoas por mor da mala combustión dun quentador nunha vivenda en Vigo

PUBLICADO O

Catro persoas foron trasladadas ao Hospial Álvaro Cunqueiro na mañá deste domingo despois de sufrir varios síntomas de intoxicación por mor da mala combustión dun quentador dunha vivenda en Vigo.

Os feitos producíronse preto das 09,30 horas da mañá deste domingo, cando o mal funcionamento dun quentador dunha vivenda situada na rúa de Gandarón provocou a intoxicación dos ocupantes da casa por monóxido de carbono.

Foi un dos afectados o que chamou ao 112 Galicia e informou de que “ao levantarse esta mañá se atopaba mal” e que durante a noite “o quentador non fixera boa combustión”, relatou aos traballadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.

Por este motivo, o 112 solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia, a Policía Local, os Bombeiros de Vigo e a empresa subministradora de gas. Unha vez alí, os servizos sanitarios atenderon as persoas afectadas e trasladáronas ao hospital de referencia.

Ao mesmo tempo os membros do servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento presentáronse no lugar e ocupáronse da ventilación da casa afectada.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...