InicioPolíticaAbel Caballero esixe un trato "igual" ao da Coruña, que "duplicou" o...

Abel Caballero esixe un trato “igual” ao da Coruña, que “duplicou” o seu hospital

O alcalde lembrou que a cidade olívica mantén "un hospital privado, que non deixa abrir diante un aparcadoiro municipal gratuíto", e nunha área sanitaria coa "lista de espera máis longa de todas as cidades, incluíndo a de Povisa".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este xoves á Xunta de Galicia “que trate exactamente igual” os vigueses que os coruñeses, tras coñecer que o goberno galego “decidiu duplicar o hospital público da Coruña, mentres en Vigo mantén un hospital privado”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico afirmou que debe “felicitar” os cidadáns da Coruña por este investimento e a “ampliación magnífica do seu hospital”, pero reclamou á Xunta que teña o mesmo trato con Vigo.

A ese respecto, lembrou que a cidade olívica mantén “un hospital privado, que non deixa abrir diante un aparcadoiro municipal gratuíto”, e nunha área sanitaria coa “lista de espera máis longa de todas as cidades, incluíndo a de Povisa”, e coa “máis pequena poboación de referencia”.

Así, o alcalde volveu denunciar que, por unha “decisión política expresa” de Feijóo, Vigo perdeu 300.000 habitantes da súa área de referencia, o que tamén lle fixo perder referencias de especialidades. “Foi unha decisión de Feijóo de 2014, para danar a área sanitaria de Vigo, e cando llo dixemos, dixeron que era provisional, pero transcorreron máis de 5 anos. Unha vez máis mentiron a Vigo”, constatou.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...