InicioSociedadePistoletazo de saída á reforma de Porta do Sol, a "obra civil...

Pistoletazo de saída á reforma de Porta do Sol, a “obra civil máis importante” de Vigo

Executarase ao longo de dous anos.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este mércores o acto simbólico de colocación da primeira pedra da reforma de Porta do Sol, unha actuación que cualificou como “a obra civil máis importante que se fixo nunca na cidade”, e que será financiada con 17 millóns de euros de fondos europeos.

A reforma, que se executará ao longo de dous anos, inclúe o soterramento do tráfico a través dun túnel que discorrerá desde Policarpo Sanz ata Elduayen, e prevé a humanización dunha “gran praza”, con novo mobiliario urbano, elementos ornamentais e “unha zona verde importante“. Así mesmo, instalaranse elementos mecánicos para facilitar o acceso desde Carral.

Con esta obra, proclamou Abel Caballero, resólvese unha “lagoa histórica” como é a ausencia dunha gran praza peonil no centro de Vigo, que se converterá en lugar de reunión e celebración de eventos, e que permitirá poñer en valor a arquitectura da contorna.

Segundo o alcalde, o goberno municipal dedicou “anos” a deseñar esta actuación e pensouno “moito”, aínda que asegurou que a “unanimidade” da cidade é “total” ao redor da obra.

No entanto, admitiu que “sempre hai un, que está co PP, e está en contra”, en alusión ás críticas do colectivo Vigo Histórico, que defende unha peonalización sen túnel, por considerar que non se avaliaron os riscos desa obra subterránea.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...