Caballero presume de que o Concello de Vigo é “o mellor pagador” de Galicia e España

O rexedor lembrou que a media de demora no pago a provedores a nivel estatal é de entre 50 e 60 días, e que "a Xunta paga en 19 días".

O Alcalde De Vigo, Abel Caballero, Durante A Rolda de prensa

O Concello de Vigo pagou no pasado mes de decembro facturas a provedores por valor de 25 millóns de euros e fíxoo nunha media de 9 días, un día menos que no mes anterior.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen presumiu de que o consistorio olívico é “o mellor pagador” de Galicia e de España no que a administracións públicas respecta.

O rexedor lembrou que a media de demora no pago a provedores a nivel estatal é de entre 50 e 60 días, e que “a Xunta paga en 19 días”. “Xa só competimos con nós mesmos, e superámonos”, celebrou Abel Caballero.