InicioPolíticaAbel Caballero volve cargar contra Feijóo por impedir a ampliación do Ifevi:...

Abel Caballero volve cargar contra Feijóo por impedir a ampliación do Ifevi: “Seguimos esperando pola Xunta”

Conxemar reitera que a obra "é de interese" e volve urxir a aplicación da 'lei Vigo'

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este venres unha “instrución política” por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que non leve a cabo a ampliación do Instituto Feiral da cidade (Ifevi) e que Conxemar non dispoña dese espazo adicional para a próxima edición da feira, en outubro.

Así o transmitiu o rexedor nunha rolda de prensa na que constatou que a Xunta está a ser “neglixente en grao sumo” e que, ademais, “non le a documentación”. A ese respecto, Caballero cuestionou que a Xunta expoña a posibilidade de acometer esa actuación ao amparo da ordenación provisional, cando esa ampliación non estaba contemplada tampouco no Plan Xeral de 2008 (anulado polos tribunais) e cando esa ferramenta de ordenación pode “tardar 2 anos” en sustanciarse.

O alcalde lembrou que o goberno galego tardou máis de 10 días en responder á carta que o Concello lle remitiu solicitando a aplicación da chamada ‘lei Vigo’ (a lei 3/2016, que permite desenvolver proxectos de interese á marxe do plan), e que o fixo preguntando cal é a ferramenta de ordenación cuxa aplicación se vai a solicitar.

Todo iso a pesar de que facía semanas que o padroado do Ifevi, no que tamén está o goberno galego, acordara por unanimidade reclamar a tramitación desa obra ao amparo desa ‘lei Vigo’. “Seguimos esperando a que a Xunta nos envíe o proxecto (…), seguimos perdendo tempo”, lamentou.

AMPLIACIÓN “DE INTERESE”

Pola súa banda, o presidente de Conxemar, José Luís Freire, insistiu este venres, en declaracións aos medios durante un acto sectorial de Pesca celebrado no Porto de Vigo, en que a feira necesita saber se disporá da ampliación para a súa próxima edición, co fin de informar os seus clientes.

A ese respecto, Freire admitiu que a asociación que preside atópase nunha “situación incómoda” por esa incerteza e subliñou que, se se considera que a ampliación é unha obra “de interese” para a cidade, “non debería haber problema” en tramitala ao amparo da lei 3/2016, aínda que os prazos “xa son xustos”. “Pero hai que ter vontade política por ambas as partes (Concello e Xunta), que se poñan de acordo nun proxecto que é de interese para a cidade”, proclamou.

O presidente de Conxemar lembrou que existe a “ameaza” de trasladar a feira Seafood a Barcelona e “destruír” o certame de Vigo, por iso volveu a reclamar “que se faga o necesario” para permitir á feira viguesa “crecer”. “Corremos o risco do ataque frontal dunha multinacional moi importante, e é moi difícil competir con eles”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...