InicioVigo e contornaVigoUn traballo da UVigo pon en valor a produción resineira como vía...

Un traballo da UVigo pon en valor a produción resineira como vía para previr incendios e fixar poboación no rural

Constata que Galicia conta con "enorme potencial produtivo" de resina, pero "escasa tradición no sector".

PUBLICADO O

Un Traballo de Fin de Grao (TFG) analizou o aproveitamento de resina dos piñeirais galegos, cuxo uso principal é o madeireiro, como “bioproducto sustentable e renovable de interese para a industria nun contexto de graves problemas ambientais e de necesidade de revalorizar o medio rural”.

Segundo informa o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) nun comunicado, o estudo, realizado no marco dunha axuda da Xunta para o proxecto de innovación ‘Novas tecnoloxías aplicadas ao aproveitamento resineiro de Galicia’, destacou que esta actividade contribúe á “prevención de incendios forestais ou a detección temperá de enfermidades e pragas” silvestres.

Así mesmo, o traballo constatou que suporía “a creación de postos de traballo directos, a fixación de poboación no rural e unha renda económica complementaria aos propietarios”.

O proxecto foi presentado por Ricardo Alberte Quiroga García na Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo e dirixiuno o investigador da Misión Biolóxica de Galicia, Rafael Zas, e a profesora da USC, Margarita Lema Márquez.

POTENCIAL PRODUTIVO RESINEIRO EN GALICIA

Tras a análise de máis de duascentas hectáreas de montes da provincia de Pontevedra, comprobouse que Galicia é un territorio cun “enorme potencial produtivo” de resina pero con “escasa tradición no sector”.

Así mesmo, o científico Rafael Zas valorou que esta produción “non debe infravalorarse” pois “noutros lugares de España é considerada unha actividade estratéxica”.

Desta forma, o proxecto incluíu un método “innovador, sinxelo e rápido” denominado “microrresinación” para estimar “a produtividade de resina dos piñeirais” que, segundo informou o CSIC en base aos resultados do estudo, é maior nas árbores de máis idade (30-40 anos). “Producen tres veces máis resina que os máis novos (10-20 anos)”, sinalou Ricardo Quiroga.

A este respecto, o autor do TFG valorou que esta nova metodoloxía é “unha ferramenta que pode ser de gran utilidade para unha planificación global deste aproveitamento en todo o territorio galego”.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fose secretario xeral do...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...