InicioSociedadeA ocupación hoteleira en Vigo durante o fin de semana de Reis...

A ocupación hoteleira en Vigo durante o fin de semana de Reis alcadou o 74%, segundo o Concello

Abel Caballero subliñou o notable incremento no nivel de ocupación con respecto a esas mesmas datas de 2019.

PUBLICADO O

A ocupación hoteleira na cidade de Vigo durante o fin de semana de Reyes alcanzou o 74%, segundo os datos que manexa o Concello olívico, e a maior parte deses visitantes procedían de diversos puntos de España, fóra de Galicia.

Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen subliñou o notable incremento no nivel de ocupación con respecto a esas mesmas datas de 2019. Segundo recalcou, a ocupación en Reis pasou do 54% hai un ano, ao 74% deste.

O 63,2% dos visitantes que pasaron a noite na cidade neses días procedía de diversos puntos de España, mentres que o 23,5% eran galegos. Por outra banda, algo máis do 13% dos turistas eran de orixe internacional.

Abel Caballero, quen avanzou que encargou un estudo para coñecer o impacto económico da campaña do Nadal en Vigo, asegurou que hai varios hoteis na cidade que xa teñen reservadas todas as súas habitacións para a ponte da Constitución de 2020.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...