InicioSociedadeAbel Caballero denuncia que a Xunta "abandonou" Barreras, xa que a solución...

Abel Caballero denuncia que a Xunta “abandonou” Barreras, xa que a solución “tivo que vir de man do Goberno”

O rexedor criticou que a Xunta non asumiu a súa "responsabilidade". Por outra banda, o alcalde volveu a referirse a a falta de financiamento autonómico na conexión por bus ao aeroporto de Peinador.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a criticar este mércores a actitude da Xunta de Galicia ante a crise do estaleiro Fillos de J.Barreras, e denunciou que o goberno galego “abandonou enteiramente” á empresa, cuxa solución “tivo que vir da man do Goberno” de España. Trasladouno así nunha rolda de prensa na que lembrou que a administración galega “non investiu nunca nin un só euro” en crear chan industrial en Vigo, en “unha mostra máis de como abandonou a atención á industria da cidade”.

Nesa liña, e no caso de Barreiras, criticou que a Xunta non asumiu a súa “responsabilidade” e a solución para o estaleiro “tivo que vir da man do Goberno” de España. “E aínda a Xunta segue sen actuar, dálle as costas”, engadiu. “Eu esixo un compromiso coa industria da cidade. Hoxe o conselleiro (de Economía, Emprego e Industria) tería que vir dicir canto vai achegar a Barreiras, en que prazos e de que forma”, proclamou Abel Caballero.

Por outra banda, o alcalde volveu a referirse a a falta de financiamento autonómico na conexión por bus ao aeroporto de Peinador. Segundo reiterou, o goberno galego achega 340.000 euros anuais para que Lavacolla teña esa conexión con Santiago, pero “paga cero euros” no caso de Vigo, nun intento por parte do presidente Feijóo de “afogar” o aeroporto de Peinador.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...