InicioSucesosAcusación particular e popular piden unha pena menor para o presunto asasino...

Acusación particular e popular piden unha pena menor para o presunto asasino de Ana Enjamio

A acusación particular pide penas que suman 32 anos de prisión, fronte aos 39 anos que solicitaba inicialmente.

PUBLICADO O

As acusacións particular (que representa á familia) e popular (exercida pola Xunta de Galicia) personadas na causa do crime de Ana Enjamio modificaron as súas conclusións e rebaixaron as súas peticións de pena para César A.O., único acusado por estes feitos, e que está a ser xulgado, por un tribunal de xurado, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Así, mentres que a Fiscal ratificouse nas súas acusacións (polos delitos de asasinato e acoso) e na petición 27 anos de prisión, tanto a acusación particular como o avogado da familia da vítima introduciron modificacións. No caso da letrada da Xunta, adheriuse ao escrito de acusación do ministerio público e á súa petición de penas.

Mentres, a acusación particular tamén modificou as súas conclusións, e acusa a César A.O. dos delitos de asasinato, acoso e vulneración da intimidade (retira a acusación alternativa por homicidio e a de furto), e pide penas que suman 32 anos de prisión, fronte aos 39 anos que solicitaba inicialmente.

Pola súa banda, a defensa ratificouse nas súas conclusións provisionais, que elevou a definitivas, e mantivo a inocencia do acusado, para o que pide a libre absolución.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...