(Vídeo) Abel Caballero: “Estou sorprendido de que veña xente de Avilés e coñeza ao alcalde de Vigo”

Destaca o fenómeno das luces de Nadal. "Que convertiramos á cidade na referencia en Nadal en dous anos non ten antecedentes e non é unha tarefa doada", asegura.

Abel Caballero durante o acendido das luces de Nadal en Vigo / © Miguel Núñez.

“Que convertiramos á cidade na referencia en Nadal en dous anos non ten antecedentes e non é unha tarefa doada”. Foron as declaracións do alcalde vigués, Abel Caballero, na tradicional comida de Nadal cos xornalistas. Unha comida na que o rexedor destacou tamén que “diferentes colectivos teñen a oportunidade de presentar os proxectos ao meu carón diante dos medios”. Algo, que segundo él, “non acontece en toda España”.

Ademais, dixo estar “sorprendido” porque veña xente “ata de Avilés” e que coñezan ao alcalde de Vigo. Definiu o que está pasando coma o “fenómeno Vigo” que quere que sexa “permanente” para o ocio e expansión da cidade, baseándose o seu modelo económico no turismo.

Destacou tamén as relacións coa zona Franca, co Porto de Vigo e o Goberno de España. Pediulle á Xunta ser aliado de Vigo e apoialo tamén, sobre a que indica “non axuda á cidade”. Ademais, defende que o feito da “maxestuosidade” de Vigo, está en que “Disney elixiu á cidade”.

Tamén valorou positivamente a acción dos medios de comunicación locais e destacou que a súa “forma de comunicación máis importante é a través dos medios” e asegurou que estes “fan un bo traballo”. Ademais, definiuse a el mesmo coma “portavoz” e aos medios coma “transmisores”. Con todo, considera aos medios coma “amigos”.

Estas son as súas declaracións:

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here