InicioSucesosIntervidos desde outubro máis de 1.200 litros de augardente que se destilaba...

Intervidos desde outubro máis de 1.200 litros de augardente que se destilaba ilegalmente na provincia de Pontevedra

As denuncias formuladas remitíronse á Dependencia de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra, que é a autoridade administrativa competente na materia.

PUBLICADO O

A Garda Civil incautouse, nos últimos meses, de máis de 1.200 litros de augardente que se destilaba ilegalmente en varios municipios da provincia de Pontevedra, e interveu tres alambiques e case 250 precintas fiscais. Estas actuacións realizáronse no marco das inspeccións levadas a cabo pola Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia de Pontevedra, en colaboración coa Oficina Xestora de Impostos Especiais da Axencia Tributaria.

A primeira inspección realizouse a finais de outubro, nun alpendre situado no municipio de Meis, onde levaban a cabo labores de destilación artesanal de augardente, utilizando un alambique que non estaba censado. Días despois, localizouse outro alpendre en Vilaboa, onde se realizaba a mesma actividade.

Nestes dous casos, tras procederse ao precinto das instalacións, a Garda Civil incautouse dos dous alambiques e inmobilizou case 400 litros de augardente. Ao mesmo tempo, levantáronse varias actas de denuncia contra os responsables dos mesmos, xa que non puideron acreditar o pago do correspondente imposto e os locais non tiñan autorización para esa actividade.

Xa a finais de novembro, levou a cabo outra inspección en Salvaterra do Miño, onde se localizou un galpón no que se destilaba augardente fose do período que tiña autorizado. Nese caso interviñéronse case 900 litros desta bebida e 248 precintas fiscais, xa que, ademais da falta de autorización, non se acreditou o pago do imposto devengado

En todos os casos, as denuncias formuladas remitíronse á Dependencia de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra, que é a autoridade administrativa competente na materia.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...