Interceptado mentres conducía baixo os efectos do alcol en Vigo

Tras observar como o condutor dun vehículo cometía unha infracción, déronlle o alto.

Policía Local de Vigo / © Miguel Núñez.

Un home residente en Vigo de 59 anos, C.P.F., interceptado mentres conducía pola cidade, presentou resultados que pasaban o límite penal nas probas do grao de impregnación alcohólica.

Tal e como detallou a Policía Local, os feitos tiveron lugar ao redor das 02:45 horas deste domingo nas inmediacións de Praza España, onde os axentes realizaban labores de control de tráfico. Tras observar como o condutor dun vehículo cometía unha infracción, déronlle o alto. Así, comprobaron que presentaba síntomas de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas e realizáronlle as probas correspondentes.

Dado que os resultados dos controis pasaban o límite penal, instruíronse dilixencias para o seu posterior traslado á autoridade xudicial competente.