Así cambiou a conciencia forestal tras a vaga de lumes de 2017: máis ecoloxismo e máis concienciación

'Vincios verde' é un novo proxecto de xestión do monte que prentende crear unha nova "estrutura de protección" da masa forestal e afondar na concienciación medioambiental.

Monte Vincios Gondomar

Tras os lumes do ano 2017 onde o 81 % da superficie forestal de Vincios ardeu, a actual Xunta Reitora de mancomunidade de montes atópase coa disxuntiva de esperar 30 anos a que volvan medrar as árbores, co risco dos lumes que han voltar e cada vaga mais intensos, e chegar a Banca rota, ou dar un xiro ao sistema de xestión do monte.

Por iso, na asemblea de comuneiros de Vincios celebrada este domingo dia 8 de Decembro, vense aprobar, trala presentación feita pola xunta Reitora do proxecto “Vincios Verde”, co que se quere dar “un novo rumbo do Monte veciñal”.

O futuro da Comunidade de Montes de Vincios pasa por “protexelo dos lumes creando unha nova estrutura do monte, recollida no plan de ordenación presentado na Xunta de Galicia” o cal divide en dúas partes o monte mediante faixas de protección, plantacións de frondosas e pasteiros que van sumar mais de 90 hectáreas con carácter claramente protector.

Convenio coa Uvigo

Ademais, tamén consideran coma de total necesidade un “convenio coa Uvigo, para poder realizar diferentes investigacións en ámbito forestal, a rehabilitación da antiga casa Reitoral, dar de alta como sumidoiro de CO2 as repoboacións de frondosas con carácter protector no ministerio de transición ecolóxica, para o cal vense colaborando dende hai tempo co proxecto TROCO2 e a certificación dos servicios ecosistémicos que xeran valor transversal en toda a parroquia”.

Por último, indican que están a desenvolver un plan de achegamento á os mais novos e sociedade en xeral, con talleres, charlas e iniciativas que fagan participes os veciños e comuneiros, así coma a continuación do Bosque dos nenos, e unha nova iniciativa que vai ser asembleas de fillos ou netos de comuneiros para que dende a infancia achéguenos as súas inquedanzas. “O futuro dun monte periurbano como o de Vincios pasa pola adaptación os novos tempos, e niso estamos” finalizan desde a Xunta Reitora de Vincios.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here