InicioSucesosEvitan o suicidio dun home nas proximidades do estaleiro Barreras

Evitan o suicidio dun home nas proximidades do estaleiro Barreras

Os axentes sacárono da zona na que estaba a través da auga, levárono a un lugar máis seguro e unha ambulancia desprazouse ata o punto para atendelo.

PUBLICADO O

A Policía Nacional de Vigo evitou o suicidio dun home preto do estaleiro Barreras na tarde deste venres, despois de que un achegado do home que tentaba pór fin á súa vida avisase aos axentes do que ía ocorrer.

Así o confirmou este corpo de seguridade do Estado, que preto de 18,42 horas da tarde do venres recibiu a chamada desta persoa para alertalos. En cocreto, contoulles aos axentes que un achegado seu o chamara para despedirse, comunicarlle a intención de acabar coa súa vida e tamén lle enviou unha foto.

Grazas a esa imaxe, os axentes puideron identificar un barco que se constrúe nos estaleiros de Barreras e dirixíronse á zona para evitar que o home acometese o seu propósito.

Unha vez alí, os axentes interviñeron e lograron impedir que o home acabase coa súa vida tras falar con el e actuar de diversas maneiras. Sacárono da zona na que estaba a través da auga, levárono a un lugar máis seguro e unha ambulancia desprazouse ata o punto para atendelo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...