Reúnense os 300 veciños afectados pola explosión de Tui e as administracións en Guillarei para concertar as axudas

A administración tomou nota e asegurou que no prazo de 10 días porase en contacto con eles.

Pirotecnia Tui
Explosión de Tui/ Miguel Núñez

Veciños da contorna na que este mércores se produciu unha explosión de material pirotécnico en Tui, desprazáronse na mañá deste venres ao Centro Social de Guillarei, onde se está celebrando unha reunión entre as administracións e os afectados.

Algúns dos veciños, con marcas e feridas visibles tras o suceso, trasladaron aos medios de comunicación os danos que presentan as súas vivendas e negocios, como desperfectos nos tellados e nos cristais. Ademais, algunhas casas quedaron destruídas e dáse a circunstancia de que varios carecen de seguro.

A todos eles, ao redor de 300 segundo o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, tomóuselles nota dos danos que presentan as súas propiedades e indicouselles que no prazo de 10 días a administración comunicarase con eles.