InicioSociedadeO aeroporto de Vigo amplía o seu abanico de aterraxes dispoñibles coa...

O aeroporto de Vigo amplía o seu abanico de aterraxes dispoñibles coa navegación por satélite

Peinador foi o sexto en España en introducir este servizo, que inclúe opcións de aterraxe con independencia das radioayudas terrestres de navegación aérea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto de Vigo disporá desde este xoves de novos procedementos de chegadas, saídas e aproximacións baseados na navegación por satélite, o que permitirá ampliar o abanico de aterraxes dispoñibles.

Segundo trasladou Enaire mediante un comunicado, Peinador foi o sexto aeroporto español en introducir este servizo, que inclúe opcións de aterraxe con independencia das radioayudas terrestres de navegación aérea.

Ofreceranse novas posibilidades de acceso ao aeroporto que non precisarán de infraestruturas terrestres adicionais. Ademais, para poder realizar os procedementos baseados no uso da navegación por satélite, as aeronaves deben contar co equipamento adecuado e a súa tripulación debe estar adestrada na utilización deste sistema.

Así, dous das novas manobras de aproximación precisarán do uso do sistema EGNOS, que mellora as características do sinal GPS. Tamén se contará con manobras de guiado vertical e outras adicionais. A posta en marcha deste proceso realizouse de acordo co Plan de Implantación da Navegación Baseada en Prestacións (PBN) do Plan de Voo 2020 de Enaire. Así mesmo, enmárcase no cumprimento do regulamento da Comisión Europea que persegue a mellora da eficiencia da xestión do tráfico a nivel europeo.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...